Sunday 05 de May de 2024

Bombeiros interveñen nun incendio en San Pedro de Visma que xa está extinguido


As chamas calcinaron 40.000 metros cadrados de monte raso

Tres unidades de Bombeiros da Coruña xunto a unha unidade de bombeiros da Xunta sofocaron esta tarde un incendio forestal que se iniciou ás 14.30 horas na zona de Cuatro Vientos, en San Pedro de Visma, entre a estrada que baixa ao Portiño e a que sobe cara ao Monte de San Pedro. O lume calcinou 40.000 metros cadrados de monte raso. Tamén acudiu ao incendio un helicóptero da Xunta para axudar nos labores de extinción. O incendio quedou totalmente extinguido ás 17.30 horas.